Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Intenso programa de concertos de Nadal dende o Conservatorio de Redondela
Cultura • 15/12/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Esta semana organizan tres días consecutivos de música con concertos no Multiúsos da Xunqueira.Hoxe será ás sete da tarde co Festival da escola de música, mañá mércores celebran unha masterclass de jazz e un concerto a cargo do saxofonista Felipe Castro. O xoves pechan o curso co tradicional concerto de Nadal a cargo do alumnado do conservatorio, unha cita ás 20:00 horas aberta ao público que queira achegarse.


A Escola de Música de música de Redondela celebra hoxe martes día 15 ás 19.00 horas no Multiúsos un concerto moi especial xa que contará coa participación de todas as especialidades que se imparten na escola. O programa inclúe un amplo repertorio de panxoliñas no que se pedirá a colaboración de todo o público asistente. A entrada é libre até completar o aforamento.


Mañá mércores a cita será co recoñecido saxofonista Felipe Castro, titular da cátedra de Saxofón na Escola de Música Musiyama Oriente en Venezuela. Musico independente que se move en xéneros como pop, latin, jazz, world music, rock and roll ou funk entre outros, impartirá na tarde do día 16 unha master-class de jazz no Multiúsos de Redondela a partir das 16:00 horas aberta a todos os alumnos do Conservatorio de Redondela como doutros Conservatorios e escolas de música. A xornada de jazz finalizará ás 20:30 no auditorio do Multiúsos cun concerto a cargo da Orquestra de Saxos e o mestre Felipe Castro como solista.


Xa para pechar a semana o Conservatorio celebra o xoves día 17 ás 20.00 horas o seu tradicional concerto de Nadal. Unha actuación musical que contará coa participación da Orquestra de Corda, Banda e a nova Big Band que interpretarán obras como canon de Pachelbel, Christmas Medley, Jericho, White Christmas, Autum Leaves, Power of love, Jingle Bell Rock entre outras.


O máis destacado deste festival será a selección de panxoliñas cantadas por pais, nais e avós que subirán ao escenario para cantar cos seus fillos e netos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: