www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Decembro de 2018

Soutomaior aposta pola compostaxe comunitaria
Sociedade • 15/12/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Soutomaior inicia hoxe cunha charla informativa a campaña orientada a promover entre a veciñanza a compostaxe dos residuos domésticos. Unha campaña dirixida tamén aos nenos que se centrará na pegada de carteis, reparto de dípticos e realización de charlas orientadas á concienciar no gran problema que supón para os concello a xestión de residuos polo elevado custe que supón a súa recollida e tratamento sendo a compostaxe unha alternativa posible, eficaz e económica. Hoxe ás 20:00 horas terá lugar unha charla informativa no Multiúsos de Arcade para abordar esta cuestión cos interesados.


A compostaxe preséntase, neste sentido, como unha alternativa necesaria xa que é máis económica e máis ecolóxica que os tratamentos actuais. O fundamental para este sistema de tratamento é a implicación dos veciños, que teñen que separar axeitadamente os seus residuos. Nunha primeira fase, implantar a compostaxe comunitaria para darlles servizo a grupos pequenos de cidadáns e a compostaxe individual para aquelas persoas que vivan en zonas dispersas. Para iso ponráse instalacións de compostaxe colectiva situadas en puntos estratéxicos do Concello e tamén composteiros individuais.


Hoxe martes día 15 de decembro ás 20,00 horas no Multiusos de Arcade terá lugar unha charla sobre a compostaxe comunitaria ( impartida por un técnico ) onde se responderán preguntas como que é o compost, porque facer compost e obxectivos da compostaxe  así como todas aquela que formulen os asistentes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: