Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Concerto de Stasia Momento no Centro Recreativo
Cultura • 11/12/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Electrónica escura con mestura de guitarras, sensacións e sonidos místicos acompañados de letras directas e indirectas que falan de todo tipo de temas así como dunha posta en escena con tintes próximos ao teatro é o que ofrecen en cada un dos seus espectáculos. Un show que este sábado chega a Redondela cunha actuación no Centro Recreativo Cultural ás 22:00 horas. Unha proposta diferente que ten un prezo de 4 euros para os socios, cinco para os que non o sexan.


Olbap Dibasson e KK Overlord son os membros fundadores desta banda viguesa a quen se lle sumaron neste cinco anos de andaina Alex Van Pyro e Alraune Ten Brinken. Unha formación nacida en Vigo pero vencellada ao noso concello xa que unha das súas integrantes, Alraune, reside en Redondela.


Atmosferas escuras e ritmos bailables é o que nos imos atopar nesta cita musical "distinta e orixinal, que de seguro nos vai sorprender" en palabras de Alraune, responsable das performances que forman parte dos directos do grupo e encargada tamén de darlle un toque teatral ás actuacións.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: