Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Feira de artesanía coa participación de 30 postos
Sociedade • 11/12/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Tempo de Nadal e tempo tamén de agasallos. Precisamente obxectos e produtos diferentes é o que nos poderemos atopar na fin de semana nos 30 postos que participan da feira de artesanía de Nadal que organiza a Concellería de feiras e mercados e que nesta ocasión ubicarase ao longo da rúa Ríbeira ao carón da Alameda. Os que o desexen poderán facer as súas compras en horario de 9:00 a 22:00 horas o sábado e ata as nove da noite o domingo.


Con esta iniciativa preténdese animar a xente a saír ás rúas e que merquen os seus agasallos de Nadal no vila que se transforma nesta fin de semana nun mercadiño con máis de con máis de trinta postos que se situarán na rúa Ribeira xunto á Alameda. Os visitantes poderán adquirir na tradicional feira numerosos produtos realizados de forma artesanal, típicos de Nadal ou obxectos de uso doméstico aos que lles imprimen un selo persoal, entre outros.


A xornada do domingo, durante a mañá, estará amenizada polo grupo de gaitas Airiños de San Simón, que percorrerán os postos da feira.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: