Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 21 de Agosto de 2018

Charla informativa sobre reciclaxe e compostaxe
Sociedade • 10/12/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O enxeñeiro químico Carlos Pérez Losada impartirá hoxe ás 18:00 horas na Casa da Cultura unha charla co obxecto de informar aos veciños sobre a reciclaxe e o tratamento dos residuos doméstico. Unha actividade organizada dende a concellería de Medio Ambiente que busca así animar á cidadanía a sumarse a unha práctica sustentable e beneficiosa tanto para o medio ambiente como para as propias arcas municipais ao diminuír o volume de residuos que acaban nos colectores.


A concellería de Medio Ambiente e Participación Cidadá convida aos veciños a esta charla informativa que terá lugar hoxe xoves ás 18:00 horas na Casa da Cultura e na que intervirá Carlos Perez Losada, enxeñeiro químico cunha dilatada experiencia na xestión de residuos e colaborador no deseño de plantas de compostaxe de O Morrazo e a planta de tratamento de residuos que funciona no Barbanza.


Na charla falarase sobre a xestión colectiva de residuos orgánicos e a realización dunha pila de compost. Os asistentes que así o desexen, por estaren interesados no reciclaxe destes residuos, entregaráselle un composteiro individual.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: