www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

A música das corais enche o Multiúsos
Cultura • 7/12/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Oito formacións corais celebran mañá martes un intenso programa de actuacións que se desenvolverá en dous pases, o primeiro as doce do mediodía e un segundo a partir das seis da tarde. Unha actividade organizada dende a Concellería de Cultural e que serve para arrancar a programación do Nadal logo do acendido esta fin de semana do tradicional alumeado.


As doce do mediodía subiranse ao escenario as corais Alvedosa de Redondela, a coral A Raíña do Centro Cultural de Cedeira, a coral Ondas do Mar de Vigo de Cesantes e pechará este pase a actuación da coral de San Esteban de Negros.


Xa pola tarde, a partir das seis, será a quenda das formacións corais da Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, a coral Pedra Branca de Cesantes, a Coral Santiago Apostol de Redondela e pecharán este festival os integrantes da coral Frol Nova de Chapela.


Entrada de balde ata completar o aforo. As entradas pódense retirar de xeito completamente gratuíto no propio multiúsos unha hora antes do comezo da sesión e o acceso ao auditorio abrirase 15 minutos antes do horario previsto para cada unha das actuacións.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: