www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Música, xogos e elaboración de augardente en vivo no Magosto furtivo do Viso
Cultura • 4/12/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O grupo Tanto Nos Ten, a Sociedade Cultural do Viso, o Colectivo Lúa Meiga, a Asociación Maimiña e a Asociación Cultural de Tuimil organizan este sábado 5 de decembro a partir das 13:00h no torreiro da Gándara (xunto ao campo de fútbol da parroquia) a sexta edición do Magosto furtivo. Un acto festivo aberto a todo o público, cun enfoque fundamental aos máis cativos e a mocidade, no que ademais contarase con carpa para evitar as inclemencias meteorolóxicas típicas da época.


O programa arrancará ás 13:00 horas cunha "sesión vermú" a cargo dos Polisóns da Teixeira, alumnos da escola de música da Sociedade Cultural do Viso. Despois do xantar contarase co grupo de música tradicional Tanto nos ten e a Asociación Maimiña será encargada de organizar xogos tradicionais, actividades e obradoiros para os cativos. Un programa infantil que rematará coa actuación do pallaso Rudi Rudi.


A xornada continuará con diversas actuacións como as dos Gaiteiros do Carballo das Cen Polas, as Pandereteiras Froles Mareliñas, Airiños da Febra, e pechará a xornada a actuación de Carapaus.


Ademais contarase durante toda a xornada coas tradicionais castañas asadas desta época e unha mostra en vivo de elaboración de augardente.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: