Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

O Banco de Alimentos precisa voluntarios para clasificar as 275 toneladas da Gran Recollida
Sociedade • 3/12/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Logo de campaña de recollida levada a cabo na fin de semana e na que se superaron todas as expectativas, o Banco de Alimentos necesita agora de voluntarios dispostos a colaborar para clasificar a comida e organizar o reparto. A entidade amosa a súa satisfacción pola resposta cidadá e prevé incrementar o número de establecementos colaboradores en Redondela, que nesta edición reducíronse a tan só dous en Chapela.


Cumpríronse as previsións e logrouse superar a recollida do ano pasado. Aínda que non hai unha cifra definitiva, o coordinador da campaña Iván Martínez, si confirma que se superarn os 275.000 kilos de alimentos que agora esperan no almacén para seren clasificados e repartidos ás ONGs que logo se encargará de facérllelos chegara todas esas familias que están pasando por apuros económicos e que precisan destes alimentos para poder subsistir.


Un traballo intenso centrado agora no almacén para clasificar os alimentos recollidos en 133 superficies de Vigo, Moaña, Porriño, Mos, Ponteareas, Pontevedra, Marín, Vilagarcía, Sanxenxo, Lalín, Val Miñor, Baixo Miño e tamén Redondela.


Por ese motivo fan un chamamento a todos aqueles que queiran colaborar nesa labor consistentes en facer lotes equilibrados nos que distribuír de xeito organizado os paquetes de comida que serán repartidos posteriormente. Os voluntarios que desexen participar deste traballos "intenso pero moi gratificante" poden poñerse en contacto co banco de Alimentos a través da súa páxina web http://www.bancoalimentosvigo.org ou no teléfono 986 26 30 22.


De cara a vindeiras edicións contemplan incrementar o número de establecementos colaboradores e márcanse entre outros obxectivos sumar tamén superficies no casco urbano de Redondela para facilitar aos veciños do noso concello que tamén poidan participar sen necesidade de se desprazar.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: