www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Novembro de 2019

Música e humor no Meixón Music 2009
Cultura • 9/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Concertos e monólogos danse cita tódolos xoves ás 21:00 horas nas terrazas do Meixón Frío nunha programación que se prolongará ata mediados de setembro  


A música africana de Yoruba Brothers soará esta tarde noite na praza de Meixón Frío nunha nova actuación programada polos locais A tenda de Candelaria, o Café da Vila e  O Escondidiño. 
Ata mediados de setembro pasarán por este escenario actuacións tan variadas como Pepo Suevo e os seus monólogos, os tangos de Tangata e a música rockabilly de Mr. Whiz.
Os propietarios dos locais organizadores levan seis anos programando actividades diversas coas que perseguen atraer a un maior número de clientela pero a un tempo ofertar actividades culturais nas que se dea cabida tamén aos grupos locais. De feito, este ano pasarán polo Meixón Music agrupacións como Retro Blues, A jran orchesta cheira que apesta, Beatus Ille ou Circo de pulgas, todos eles formados por xente da vila que ofrecerán aos espectadores blues rock, folk duro, rap e música tradicional.
Un amplo abano de alternativas que se completa cos monólogos do recoñecidos contador de historias Quico Cadaval.
 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: