www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Xullo de 2018

A Asociación Cultural de Rande terá un local no Centro de Interpretación da batalla
Cultura • 30/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Meirande cederá unha sala de 80 metros cadrados para que o colectivo cultural, un dos artífices de que este museo se construíra, conte cun espazo para desenvolver as súas actividades. O pleno do concello aprobou por unanimidade a cesión deste espazo. Dende o PSOE criticaron que o local presente certas deficiencias ao non contar nin con calefacción nin tampouco con aire acondicionado.


O pleno da corporación acordou de xeito unánime ceder un local de 80 metros cadrados, no segundo andar do museo Meirande, para uso das Asociación Deportiva e Cultural de Rande.


O espazo cederase durante un período de 35 anos. A cambio o colectivo terá que abonar a parte proporcional que lle corresponda do canon que anualmente o Concello paga a Autoridade Portuaria pola cesión dos terreos. Tamén deberá facerse cargo tanto dos gastos de electricidade como de calefacción.


Precisamente dende o PSOE criticaban que este local non contase con eses servizos cando o resto do edificio si conta con eles "incluso ten o chan de madeiras cando o resto do inmoble está dotado de madeira".


O PP explicaba que malia teren que facer fronte a estes gastos "poderán acceder ás subvencións que o concello outorga aos colectivos culturais precisamente para subvencionar os seus gastos correntes".


Todos os grupos amosaron o seu apoio porque se conceda este local a unha Asociación que traballou intensamente por lograr que se construíse o Meirande.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: