Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 21 de Agosto de 2018

Obradoiros variados e música para os máis pequenos na Biblioteca de Redondela
Cultura • 30/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Un obradoiro de escritura creativa conducido por Miguel Ángel Alonso e unha festa musical con Susa Herrera centran as actividades para esta semana. O día 9 organizan tamén un obradoiro de Nadal orientado a nenos de 6 a 9 anos. Incrición e información nos bibliotecas ou no teléfono 986 401561.


A primeira das actividades previstas organizada pola Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais será un obradoiro de escrita creativa que se desenvolverá este mércores días 2 no Multiusos do Piñeiral do Crego. As prazas son limitadas, polo que é importante reservar. Pódese facer nas instalacións da B.P.M. "Valle-Inclán" de Redondela, da Axencia Municipal de Lectura de Chapela ou no correo da asociación amigosbibliotecasredondela@gmail.com.


O venres 4 ás 18:00 horas na sala infantil da Biblioteca Municipal de Redondela celébrase unha gran festa musical con Susa Herrera e os seus contos e cancións de animais. Ao final da súa actuación, asinará os seus libros a todos os que o desexen. Así mesmo, haberá a posibilidade de comprar in situ o libro "En Cabárceno se oye cantar" e levalo asinado pola súa autora. Unha actividade libre e gratuíta orientada a nenos a partir dos 3 anos.


Xa na vindeira semana a Biblioteca en colaboración coa Fundación Filomena Rivero Alonso, organiza un Obradoiro de Nadal para nenos de 6 a 9 anos o mércores 9 de decembro ás 18:00 h.  A actividade é gratuíta e as prazas limitadas polo que é necesaria a inscrición previa nas dependencias da biblioteca ou no teléfono da mesma (986 40 15 61).


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: