Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

O BM. Castro Chapela xa é líder
Deporte • 30/11/2015
Autor: Ana Prieto

Os pupilos de Fran Teixeira impuxéronse ao Calvo Xiria e son os novos líderes da Primeira Nacional. Vitoria tamén da SAR Plastic Omnium ante o Granitos Ibéricos, que permite aos de Rey fuxir dos postos de perigo. Na División de Honra Prata Feminina, a SAR Rodavigo perdeu ante o Mavi e o Rodosa Chapela gañou o seu primeiro partido cunha vitoria ante o Zonzamas.


Balonmán Primeira Nacional



Castro Chapela 26-15 Calvo Xiria


Os de Chapela son os novos líderes da categoría, despois de gañar ao Calvo Xiria nun partido no que o porteiro, Suso,fixo un excelente traballo. A defensa do Construcións Castro estivo a un alto nivel, e en conxunto realizaron o mellor encontro da tempada. E foi no momento preciso, fronte ao seu máis directo rival na loita polo liderado. Os deFran Teixiera son agora primeiros, empatados a 18 puntos co Calvo Xiria. Na próxima xornada xogan na pista do Luceros, sextos na táboa.


SAR Plastic Omnium 34-26 Granitos


Os redondeláns cambiaron o enfoque do partido e acertaron de pleno. Ao descanso o marcador reflectía un empate a 12, pero os de Carlos Rey saíron na segunda metade cun cambio de mentalidade e acabou gañando ao Granitos Ibéricos. Agora son 11º, e o sábado xogan na pista do Ártabro, penúltimo clasificado.


División de Honra Prata feminina



SAR Rodavigo 22-38 Mavi


O líder demostrou en Chapela que está a un gran nivel, e deixou resolto o partido xa na primeira parte, cun 7-16. A segunda parte foi algo máis rápida e houbo intercambio de goles, pero o Mavi Novas Tecnoloxías foi sempre por diante. As redondelás son agora sextas, e a próxima fin de semana xogan en Vigo ante o Seis do Nadal, na cuarta praza.


BM. Zonzamas 25-27 Rodosa Chapela


Primeira vitoria para o Rodosa Chapela nun partido moi difícil. As de Chapela comezaron por detrás no marcador no partido disputado en Lanzarote, pero fixeron unha remontada épica. Déronlle a volta ao marcador malia ir perdendo de ata oito goles e suman os seus primeiros dous puntos. A próxima fin de semana reciben ao Camargo, pechacancelas do grupo co que están empatadas a puntos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: