www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Descontos e fortes emocións no "venres negro" do comercio local
Sociedade • 26/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Medio cento de comercios de moda, informática, libros, agasallos ou decoración súmanse este venres ao "Black Friday", unha moda chegada dende os EEUU na que os establecementos comerciais ofrecen importantes descontos nos seus produtos. A Asociación de empresarios, coordinadora da actividade, completa o evento coa colocación dun simulador que permitirá aos usuarios subirse virtualmente a maior montaña rusa do mundo ou visitar un parque de dinosauros.


O centro comercial aberto de Redondela súmase así a unha moda que ten irrompido con forza nos últimos anos no pais. Son moitos os comercios que aproveitan a celebración do Black Friday en Estados Unidos para animar aos seus clientes a adiantar as súas compras de Nadal ofrecendo descontos especiais.


En total, máis de medio cento de comercios súmanse a esta iniciativa que parte dende a Asociación de empresarios. Os adheridos a campaña estarán identificados claramente con alfombras negras e cartelería e en cada un deles o desconto variará dependendo de si son tendas de alimentación, informáticas, decoración, libros ou moda en xeral.


Para completar a oferta comercial e animar aos clientes, instalarase na Praza José Figueroa un simulador virtual whiplash. Os máis pequenos poderán subirse a lombos dun dinosauro e os máis atrevidos experimentar o que se sinte na maior montaña rusa do mundo. O prezo é de 5 euros, con rebaixas para os clientes que poderán subir por 3 euros unha persoa, cinco euros dúas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: