www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 17 de Novembro de 2018

Demandan para Redondela unha comisaría da Policía Nacional independente de Vigo
Sociedade • 20/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A falta de efectivos leva a que se poña en risco a seguridade dos axentes e que a oficina de denuncias estea aberta tan só en horario de mañá "cando debería estar en servizo as 24 horas" segundo explican dende o Sindicato Unificado de Policía (SUP). Engaden que polo seu número de habitantes e extensión Redondela debería contar cunha comisaría propia e independente de Vigo.


O goberno local de Redondela xestionará ante o Ministerio de Interior a creación dunha comisaría da Policía Nacional en Redondela, así llelo trasladaron os responsables locais aos representantes da SUP nunha reunión celebrada onte. Dende o Sindicato policial amosan a súa preocupación pola falta de persoal da oficina actual que dende o 2012 ter perdido un 30% dos seus efectivos. Unha situación que segundo denuncian leva a que os axentes poñan en risco a súa seguridade "ao ter que enfrontarse unha única patrulla a situación conflitivas que deberían ser abordadas aló menos por dúas dotacións". Unha falta de persoal que tamén provoca incomodidades aos veciños "que só poden tramitar as súas denuncias en horario de mañá cando a oficina debería estar aberta as 24 horas ou como mínimo polas tardes".


O SUP considera que Redondela debería equipararse con outras localidades con semellante número de habitantes e extensión, como Marín ou Ribeira, que si contan con comisaría propia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: