www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

A película de animación infantil "O pequeno mago" chega a Redondela
Cultura • 20/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A ópera prima do galego Roque Cameselle está ambientada na Galicia medieval e poderá verse este domingo ás 18:00 horas no Multiusos da Xunqueira. Enmarcada dentro do ciclo Cinemas de Galicia o prezo da entrada é de 3 euros.


"O pequeno mago" ópera prima no cinema do director galego Roque Cameselle chega esta fin de semana a Redondela. Baseada na novela histórica "Bieito Dubidoso", conta as azarosas e intrépidas aventuras deste personaxe quen, en compañía da súa inseparable amiga Destreza, emprende unha infatigable loita contra a superstición e o atraso, representados polo Bispo Juan, dono e señor da pequena cidade de Tui, onde se ambienta a historia.


Esta animación galega foi escrita e dirixida por Roque Cameselle (Tui, 1981), coautor de cinco obras colectivas e escritor doutras dúas: a colección de relatos de humor "O Pausiñas" (2011) e a novela histórica "Bieito Dubidoso" (2003), esta última de lectura obrigada nos institutos galegos e na que se basea a película "O pequeno mago".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: