www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 7 de Decembro de 2019

Detido un veciño de Cesantes por conducir baixo os efectos do alcol
Sucesos • 24/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Os feitos producíronse á 1:30 horas da madrugada de hoxe cando o detido foi sorprendido ao volante dun coche sen carnet cunha taxa de alcol que triplicaba o permitido.


Axentes da policía Local e Nacional que estaban realizando na madrugada de hoxe un control rutineiro de documentación detiveron a un veciño de Cesantes, C.S.M. de 52 anos de idade, como presunto autor dun delicto contra a seguridade do tráfico por conducir baixo cunha taxa de alcol de 0'85, triplicando o permitido.


Os feitos producíronse á 1:30 horas de hoxe cando os axentes, que estaban a realizar o control na Praza Santiago Apóstolo observaron un coche sen carnet que estaba a realizar manobras irregulares. Os axentes déronlle o alto e comprobaron que o condutor presentaba claros síntomas de embriaguez polo que se procedeu a realizarlle a correspondente proba de alcoholemia, que deu positiva.


O vehículo foi inmobilizado e o home detido e trasladado ás dependencias da Comisaría de Policía.

Comentarios
Ribeiro
Mércores 24 de Febreiro de 2010 ás 11:34 horas
Outro máis!!! Redondela é tan pequena que non sae no mapa, pero bebendo viño coñécea ata o papa!!!!

[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: