www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

O novo pavillón da Marisma abrirá as súas portas en 15 días
Institucional • 16/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O concelleiro de deportes, Julio Mougán asegura que tan só resta rematar algunhas cuestión técnicas en canto ao abastecemento eléctrico "cuestións que deben estar resoltas antes de 15 días polo que contamos que o novo pavillón estea operativo ao cen por cen a finais de mes ou na primeira semana de decembro".


O goberno local confía, polo tanto, na inminente apertura do novo centro deportivo da Marisma cuxo atraso responde a que se demoraron as xestións con Fenosa e Aqualia e que impediron ata o de agora ter finalizadas as acometidas de electricidade e abastecemento de auga, requisitos indispensables para que o pavillón este operativo ao 100%. Neste sentido explicaba o edil que se podería abrir aos deportistas "pero non contarían coa posibilidade de darse unha ducha de auga quente ou de gozar da potencia de electricidade máis axeitada que precisa unha instalación destas características".


Por ese motivo prefiren esperar 15 días máis "e abrir as portas cando estea operativo na súa totalidade".


Mougán salienta das novas instalacións a pista central que grazas a súa anchura, de 48 metros por 32 metros permitirá albergar distintas actividades deportivas como futbol sala, tenis, baloncesto e celebrar calquera partido oficial pero, a súa vez, poderá subdividirse en sentido perpendicular, nun total de catro pistas para albergar actividades deportivas diferentes e de forma simultánea.


O complexo deportivo supuxo un investimento de 1,8 millóns de euros e estivo financiado nun 70% polos fondos europeos Feder, incluído dentro do Plan Marima Máis.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: