Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Unha charla sobre primeiros auxilios abre o ciclo "Forma-T, Prepara-T"
Cultura • 12/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de deportes organiza un ciclo de xornadas formativas nas que se abordarán cuestións como a nutrición, a comunicación deportiva e o deporte saudable.

A primeira das citas será este venres 13 de outubro no Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela ás 20:30 horas co entrada libre. Unha charla a cargo do doutor Vital Diéguez en torno aos primeiros auxilios.


A Concellería de deportes presenta un ciclo de actividades formativas que xirarán en torno a catro temáticas principais e que queren dar resposta a diferentes cuestións relacionadas co deporte sen estaren centradas exclusivamente nos deportistas. De feito son actividades abertas a todo o público en xeral dende deportivas e adestradores, a pais e nais ou calquera persoa que queira achegarse.


A primeira das charlas terá lugar este mesmo venres en Chapela e xirará en torno aos primeiros auxilios. O concelleiro de deportes Julio Mougán explica que esta actividade nace da demanda dos propios clubs que reclamaban maior preparación de cara a atender unha eventual situación de risco.


Unha primeira cita á que lle seguirán tres charlas máis nas que se abordarán cuestións como a nutrición a cargo de Luisa Fernanda Pérez Méndez, a comunicación cos xornalistas Lino Blanco e a práctica do deporte saudable, charla esta última que correrá a cargo da adestradora persoal Silvia Varela.


Todas estas charlas terán como día os venres, e alternarán como escenario, o Multiusos de Chapela e Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: