www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 7 de Decembro de 2019

Un espazo de reflexión sobre a imaxe da muller
Sociedade • 23/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade pon en marcha o curso de formación "Muller e Imaxe", cunha duración de 20 horas. As persoas interesadas poden inscribirse xa no CIM ou no teléfono 986 408 043


O obxectivo desta formación é o de analizar e reflexionar sobre o tratamento das imaxes das mulleres nos diferentes ámbitos, medios e épocas históricas, así como diferenciar os distintos estereotipos de xénero que xorden e nos son transmitidos ligados ás imaxes das mulleres na sociedade.


Ademais, as persoas participantes serán guiadas para a elaboración dun traballo de creación audiovisual (fotografía / vídeo ) coa temática exposta.


O curso é gratuíto,  e vai dirixido tanto a mulleres coma a homes. Iniciarase o día 8 de marzo e desenvolverase luns, mércores e venres de 19:00 a 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira.


As inscricións deberán facerse en persoa, no CIM (Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade), na rúa Isidoro Queimaliños número 2, de Redondela, ou ben chamando ao teléfono: 986 408 043

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: