Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Homenaxe a Alicia no País das Marabillas nas Bibliotecas de Redondela no seu 150 aniversario
Cultura • 10/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Cando se cumpren 150 anos da publicación de Alicia  no País das Marabillas e  o centenario das mortes do escritor Luís Coloma, autor do conto do Rato Pérez e  de Saturnino Calleja, editor dos coñecidos como Contos de Calleja, as bibliotecas municipais de Redondela,  dedican unha mostra bibliográfica aos mesmos, baixo o slogan "Temos moito conto". Esta pequena mostra bibliográfica permanecerá na sala de adultos da Biblioteca Municipal do 4 ao 30 de novembro (Alicia no País das Marabillas) e do 2 ao 30 de decembro (Rato Pérez e contos de Calleja). A continuación ambas as dúas mostras trasladaranse á Axencia Municipal de Lectura de Chapela.


"Temos moito conto" reune varias publicacións que reflicten por unha banda a evolución nas edicións da  obra de Lewis Carroll,  comezando pola do ano 1957 editada pola editorial Juventud con ilustracións da barcelonesa Lola Anglada e  algunhas das publicacións facsímiles editadas por José J. de Olañeta da editorial Olañeta dos contos de Calleja e varios libros e merchandising sobre o entrañable personaxe do Rato Pérez, algúns deles doados por a Casa Museo del  Ratón Pérez en Madrid.


Esta homenaxe completarase, no mes de decembro, coa emisión radiofónica, a través de Radio Redondela, de tres das historias dos famosos contos de Calleja.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: