www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

A Aula móbil do programa de garantía xuvenil chega esta semana a Redondela
Sociedade • 10/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A aula estará instalada o mércores e o xoves ao carón do Concello. O programa, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, busca que os mozos e mozas galegos de entre 16 e 29 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas nun prazo de catro meses tras acabar a educación formal ou quedar desempregados.


O programa de Garantía Xuvenil continúa a campaña informativa que percorrerá preto dun cento de concellos galegos. Esta semana, a aula móbil visita a nosa vila onde estará instalada o mércores 11 e o xoves 12, en horario de 12 da mañá a 8 da tarde, ao carón do concello (Rúa Alfonso XII, 2).


O obxectivo do Programa de Garantía Xuvenil é que os participantes poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua, formación de aprendiz ou acceder a un período de prácticas nun prazo de catro meses despois de acabar a educación formal ou quedar desempregados.


Todos os interesados en acudir ás xornadas informativas ou visitar a aula móbil poden acudir sen cita previa ou ben anotándose no teléfono 881 99 57 00. As charlas son de libre acceso e contarán coa presenza dun orientador que explicará os beneficios da estratexia de Garantía Xuvenil e solventará todas as dúbidas dos asistentes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: