www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

O PSOE reclama a remodelación do porto de Cesantes
Política • 9/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Lembran que pasaron xa catro anos da promesa do PP e o compromiso de Portos de Galicia que anunciaban unha actuación integral na que se abordaban actuacións diversas por valor de 6 millóns de euros. Un proxecto no que se incluían a pilotaxe do peirao e a construción dunha zona de "travellift" que serviría para varar as embarcacións de mariñeiros e mariscadores. Critican que estas actuacións segan sen acometerse.


Explica o edil socialista Leonardo Cabaleiro que no mes de xaneiro do ano 2011 o presidente do ente público Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, na súa visita a Cesantes, presentaba por segunda vez un programa de investimentos na zona portuaria desta parroquia de Redondela. Tratábase do Plan para a remodelación integral do Porto de Cesantes no que "se investiría 6 millóns de euros na mellora e reordenación do porto de Cesantes".


De todas as actuacións proxectadas destacada a demolición do dique actual e creación dun dique aboiante. Ademais se contaría cun edificio de servizos náutico recreativos co que se ampliaría a dimensión de actividade do porto redondelán e unha zona de travel lift demandada pola xente do mar para poder varar as embarcacións que crearían máis postos de traballo.


O edil socialista Leonardo Cabaleiro critica que logo de catro anos "a parroquia de Cesantes sega esperando tanto pola remodelación do Porto de Cesantes como pola apertura do Centro do Día, dúas actuacións que crearían servizos dos que carecemos a nivel Redondela e postos de traballo".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: