www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 7 de Decembro de 2019

O Choco defende o liderado en Santa Mariña
Deporte • 23/02/2010
Autor: Ana Prieto

Os de Julio Álvarez reciben ó Estradense, un dos equipos máis complicados da categoría. O resultado do encontro determinará a situación na cabeza da táboa, xa que os visitantes están a tan só dous puntos do Choco.


Preferente Autonómica


O Choco mantense como líder da Preferente Autonómica a pesares do empate no Lourambal o pasado domingo. Pero eso si, o reparto de puntos co Porriño Industrial deixa ós de Julio Álvarez cunha mínima vantaxe sobre os seus inmediatos seguidores. O Portonovo, o segundo clasificado, está a tan só un punto, e o Estradense, o terceiro, a dous. Por iso o partido do domingo en Santa Mariña será decisivo. O Choco recibe ó Estradenses, de gañar porían ó terceiro xa a cinco puntos, unha fenda que lle daría máis tranquilidade. De perder, dirían adeus ó liderado. No club son optimistas, e agardan poder dar unha satisfacción á afección choqueira revalidando o primeiro posto. O presidente, Cándido Mirou, insiste en qu eo obxectivo do club para esta tempada era manter a categoría, e que iso está máis que cumprido, pero recoñece que agora, ás portas do ascenso, non van renunciar a nada. O proximo paso é gañar o domingo. Para iso tentarán recuperar ó longo da semana a algúns xogadores importantes, como Kennedy, lesionado nun xeonllo a pasada xornada no Porriño, e a Aitor Gómez, con molestias nunha man.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: