www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Decembro de 2018

A compañía Vía 6 presenta no Multiusos o seu espectáculo Amor en 3D
Cultura • 6/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A representación terá lugar o sábado 7 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira dentro da programación do Outonoteatro. Unha comedia escrita e dirixida por José Prieto, e interpretada por Susana Alvarez Costa, Celia Gonzalez e Daniela Rodas. O prezo da entrada 5 euros público en xeral, 3 euros estudantes e xubilados.


Tres actrices conducen estes espéctaculo no que van cambiando de personaxes para ofrecerlle ao espectador unha parodia cómica de tres películas tan populares como As Pontes de Madison, Notting Hill e Titanic, para rematar coa súa proposta máis persoal, Amor en 3D.


Unha comedia que leva percorrido os escenarios de toda Galicia logo de que se estreara xa hai un ano e que chega este sábado a Redondela. As entradas poden adquirirse xa no Multiusos da Xunqueira.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: