www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

Airiños da Peneda presenta en Chapela as súas cantigas populares
Cultura • 6/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela acolle o sábado 7 ás 19:30 horas un concerto da formación Airiños da Peneda no que presentarán o disco "Cantigas na Peneda".


Un primeiro disco no que ademais de cancións propias, recompilan temas populares e incluso completan cunha gravación que serve de lembranza para todos aqueles que xa non están. O obxectivo deste traballo autoproducido  é "deixar constancia desta música que as veces vai desaparecendo coas persoas maiores que son os que aínda as lembran e aínda as cantan".


Unha música popular que se recolle neste álbum autoxestionado que se poderá escoitar nun concerto presentación o sábado as 19:30 horas "cargado de ilusión" e no que contaran tamén con xente que colaborou co grupo na parte instrumental.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: