www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Outubro de 2018

Manifestación en defensa da automoción
Sociedade • 5/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os traballadores de Citroen e auxiliares manifestaranse este sábado 7 de novembro en Vigo ne defensa do sector. Reclaman que dende a administración se esixan garantías ás empresas de que non se deslocalizará a fabricación das pezas dos novos modelos da furgoneta K9 co obxecto de garantir carga de traballo. A protesta partirá ás 11:00 hroas dende a coñecida como Praza dos Cabalos.


Victor mariño, delegado da sección sindicla da CUT de Citroen lembra que hai un ano os traballadores asumiron recortes en salarios e dereitos sociais co obxectivo de que se lle concedera a factoría de Vigo a fabricación do novo modelo. Tamén a empresa recibiu axudas da administración co obxecto de favorecer que fora Vigo quen se fixera finalmente coa adquisición da fabricación da furgoneta K9. Por este motivo reclaman á administración que poña condicións á empresa. "Deben existir compensacións por todos os axustes feitos polos traballadores. O goberno debe poñer condicións e esixir que a produción non se deslocalice" en referencia a que moitas das pezas da nova furgoneta acabarán facéndose noutras factorías do grupo en países de "baixo custe" como son Portugal e Marrocos.


Un problema que terá consecuencias para a Citroën, empresa que cada vez conta con menos traballadores a tempo completo, pero tamén a todas as filiais do grupo, como pode ser Plastic Omnium en Redondela ou Faurecia no Porriño.


Mariño confía en que a mobilización do sábado sexa un éxito "atendendo a que a automoción é un sector fundamental para toda a economía da comarca, do que viven non só os traballadores contratados directamente na planta de Balaídos".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: