www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

As fortes precipitacións deixan un regueiro de incidencias
Sucesos • 5/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

As bolsas de augas e os problemas na circulación por estrada foron continuos durante a mañá de hoxe polos anegamentos detectados na N-552 entre Redondela e Vigo á altura do barrio de A Formiga en Cedeira e na N-550 en Santa Mariña. Incidencias que se repetiron tamén na rúa Xoán Manuel Pereira na estrada a Pazos, e en Chapela á altura do mercado de Abastos. Precisamente uns veciños desta parroquia residentes no Camiño Real nas inmediacións da vía do tren foron os máis afectados ao ver como se inundaba a súa vivenda. Unha situación que os propietarios achacan á falta de limpeza no lugar.


A indignación era patente entre os afectados que se trasladaron na mañá de hoxe ao concello a demandar que se lles dese unha solución "que veñen reclamando dende hai máis dun ano". O problema radicaría nun conflito de intereses entre a administración local e o ADIF (organismo responsable das infraestruturas ferroviarias), xa que cada un dos organismos entende que é responsabilidade do outro manter o lugar en condicións para evitar que se produzan situacións como os denunciados por esta familia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: