www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Detido un veciño de Redondela por cazar xílgaros sen autorización
Sucesos • 5/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Garda Civil sorprendeu a este home, veciño de Redondela de 45 anos de idade, cando cazaba xílgaros na parroquia de Amoedo, en Pazos de Borbén, utilizando métodos non selectivos e malia carecer da correspondente autorización da Consellería de Medio Ambiente. Impútaselle un suposto delito contra a flora, fauna e animais domésticos.


O home, E.M.F. de 45 anos, foi sorprendido no momento no que estaba a desenvolver esta actividade ilegal, e ao decatarse da presenza da Garda Civil e do Seprona ausentouse do lugar, entregándose pouco despois de forma voluntaria.


Posteriormente, os axentes inspeccionaron un aviario da súa propiedade onte atoparon 19 xílgaros, dezaseis gaiolas -tres delas gaiolas-trampa-, así como artes de caza e utensilios, que foron entregados ao Servizo de Conservación da Natureza da Xunta e postos a disposición da Autoridade Xudicial.


Por todo iso, os axentes instruíronlle dilixencias como presunto autor dun delito contra a flora, fauna e animais domésticos por cazar con métodos non selectivos e sen autorización. As dilixencias serán remitidas ao Xulgado de Garda de Redondela, así como un informe-denuncia polas irregularidades administrativas observadas polo incumprimento de leis ambientais.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: