www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Decembro de 2018

Redondela celebrará a feira do día 6 malia o enfrontamento entre os ambulantes de etnia xitana
Sociedade • 4/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O alcalde recoñece que existe certa preocupación polo cariz que nos últimos tempos ten adquirido o conflito que enfronta aos clans xitanos. Un enfrontamento que quince días atrás deixaba incluso un ferido de bala logo de seren tiroteados varios vehículos en Vigo. Malia que varios concellos decidiron suspender os seus mercadiños con presenza de ambulantes de ambos os dous clans, Redondela mantén a feira do venres día 6.


O conflito xitano entre clans galegos e zamoranos levou a varios concellos a adoptar medidas extraordinarias dende que o 21 de outubro o enfrontamento se saldase cun tiroteo nada máis rematar a feira en Coia no que tres vehículos dos zamoranos foron o obxectivo co resultado dun dos ocupantes ferido. O concello de Vigo e o de Cangas chegaron incluso a suspender os seus mercados "por precaución" medida que non adoptaron outros municipios. Entre eles o de Redondela que ten previsto celebrar este venres a feira do día 6 na que iso si incrementaranse as medidas de seguridade cunha maior presenza policial. O alcalde Javier Bas explicaba que non se suspende esa cita para non afectar ao resto dos ambulantes e manter a normalizade que nunca se debeu perder. Supeditaba a posible suspensión da feira a "un acordo solidario entre todos os concellos" que non parece se vaia decretar.


O alcalde amosaba a súa preocupación pro un conflito que ven de lonxe e que mantén a estes dous clans enfrontados. Asegura que a situación "vívese con moita preocupación" logo do tiroteo de hai dúas semanas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: