www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Obradoiro de escritura creativa con Miguel Ángel Alonso
Cultura • 4/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela organiza no mes de decembro un obradoiro de escritura creativa coa guía de Miguel Ángel Alonso Diz. Este escritor e tradutor conducirá esta actividade na que tamén se coñecerán os diferentes aspectos do mundo da edición.


Impartirase o mércores 2 de decembro ás 20:30horas, no Multiúsos do Piñeiral do Crego (Chapela). As prazas son limitadas, polo que é necesaria a inscrición na Biblioteca de Redondela, na Axencia Municipal de Lectura de Chapela ou no correo da asociación amigosbibliotecasredondela@gmail.com. A actividade é gratuíta.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: