www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

Reclaman a recuperación do cargadoiro de mineral de Rande
Política • 4/11/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O PSOE de Redondela salienta a importancia do patrimonio industrial como parte integrante da nosa historia e demandan medidas encamiñadas a recuperar o cargadeiro coñecido como "Coto Wagner", deteriorado pola falta de conservación e por acción vandálicas. Critican que o PP rexeitase as emendas para a recuperación deste patrimonio cultural nos orzamentos do Estado.


O cargadoiro de mineral de Rande formado por tres plataformas unidas a terra por unha estrutura metálica que dispuña dunha cinta transportadora pertencía á empresa "Minerosiderúrgica de Ponferrada, S:A." e empregábase para embarcar ferro que chegaba por tren procedente de Coto Wagner e carbón das minas de Larciana e o Bierzo. Uns minerais que eran exportados a outros países, como Inglaterra e Alemaña, e que estivo operativo ata 1987.


Explican os socialistas que as estructuras que se crearon nun inicio para a actividade industrial, pouco a pouco, vanse considerando parte do noso Patrimonio Cultural pro ese motivo "non podemos negar o importante papel deste elementos na evolución dos nosos pobos e na formación de paisaxes. O patrimonio industrial, convertese así, en memoria histórica que se manifesta diferentemente segundo a época, grao de desenvolvemento, sectores de actividade,etc", en palabras  do edil socialista Leonardo Cabaleiro.


O cargadoiro, situado nun punto nodal nas visitas turísticas da Ría de Vigo, sofre un progresivo deterioro pola falta de conservación e nalgún caso por mor do vandalismo. Por este motivo "presentamos emendas aos orzamentos do Estado para mellora deste patrimonio industrial, as cales foron rexeitadas polo PP en Madrid e finalmente levamos unha moción en Redondela en prol da posta en valor do patrimonio non só industrial, senón cultural".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: