www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Catro funcionarios e un policía local vixían a legalidade dos postos na feira redondelá
Institucional • 22/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería comezou xa a repartir entre os feirantes un carnet que certifica que contan con toda a documentación en regra. Con esta medida perséguese acabar coa competencia desleal que exercen os ambulantes ilegais

 


As críticas dos feirantes, quen denunciaran hai un mes a competencia desleal por parte dalgúns vendedores que realizan esta actividade sen contar cos permisos e a documentación en regra, tivo xa onte a súa resposta por parte do Concello.


Durante toda a mañá, catro funcionarios e un policía local percorreron os postos instalados no mercado para controlar que os ambulantes que estaban a exercer a venda na feira o fixeran con todos os permisos correspondentes e acabar así coa competencia desleal que exercen os vendedores ilegais.


Co gallo de acadar ese obxectivo e favorecer aos máis de 200 vendedores que si cumpren coas súas obrigas a Concellería de Feiras e mercados que preside Manuel Iglesias está a repartir entre os ambulantes un carnet identificativo que facilite o seu traballo así como o dos vixilantes. Aquel posto que careza deste documento será levantado e a súa mercancía embargada, ademais de abrírselle un expediente sancionador.


As inspeccións continuarán no futuro, cada día 6 e 21 para garantir que so oferten os seus produtos aqueles comerciantes que cumpran con todos os requisitos establecidos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: