www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

Redondela recibe a "Finca da Ginaria" para a construción do novo colexio en Chapela
Política • 29/10/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Alcalde de Redondela, Javier Bas e o presidente de Audasa, Andres Montaner, asinaron onte a cesión a favor do concello de Redondela dos 34.000 metros cadrados do terreo denominado como finca da Ginaria. A firma prodúcese unha semana despois de que a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestructuración Bancaria (Sareb) dese luz verde á venda de dita parcela. No solar, tamén coñecido como "polígono de autopistas" construirase o novo colexio de Chapela cuxo financiamento correrá a cargo de Audasa.


Esta cesión gratuíta era unha das principais reivindicacións municipais que o concello fixo a Fomento co obxecto de lograr así uns terreos nos que construír un novo centro educativo para substituír ao actual Colexio Igrexa afectado pola ampliación. A edificación do novo edificio correrá a cargo de Audasa. A concesionaria da autoestrada debería agora contruír o novo centro no prazo máximo de 24 meses.


O alcalde, Javier Bas amosaba a súa satisfacción logo da sinatura do convenio "hoxe a cesión dos terreos xa son unha realidade, Chapela dispón de 34.000 metros cadrados gratuítos de terreo para a construción do novo colexio que tamén correrá a cargo de Audasa e dun novo espazo de ocio para os Chapelanos".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: