www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Rafael Quintía presenta na Casa da Cultura o libro "Uso simbólico do cuarzo na cultura galega"
Cultura • 28/10/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación Cultural Alén Nós de Redondela organiza o venres ás 19:00 horas na Casa da Cultura unha presentación literaria na que o antropólogo Rafael Quintía, autor do libro e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) achegaranos ao mundo simbólico do uso do seixo en Galicia. A charla será presentada por Xosé Couñago de Alén Nós.


O autor do libro "Uso simbólico do cuarzo na cultura galega" fará un percorrido diacrónico dende as diferentes formas nas que aparece o seixo no rexistro arqueolóxico galego, centrándose sobre todo no seu aspecto simbólico e no seu posible uso ritual, ata o mundo da antropoloxía e das aplicacións deste mineral en diferentes contextos da cultura popular galega. Na presente monografía o autor propón hipóteses esclarecedoras coas que poder avanzar na senda da interpretación do uso do cuarzo dende épocas antigas e en contextos rituais e simbólicos cronoloxicamente distantes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: