www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Xuño de 2018

Soutomaior e Pazos súmanse ás celebracións do Samain
Cultura • 27/10/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Pavillón da Montesiña acolle o venres 30 de outubro de 17:00 a 19:00 h un intenso programa de actividade no que non faltará a música, o baile, obradoiros variados e unha proxección de cine de terror que desprazará ao público ao Multiusos de Arcade. En Pazos a Asociación cultural de Nespereira celebra unha ruta nocturna orientada a maiores de 10 anos. Haberá tamén actividades para todos os públicos no Interior da Casa da Cultura.


Obradoiros de maquillaxe e xogos de animación para todos os públicos con ambientes diferenciados por idades son algunhas das propostas que nos deixa a Concellería de Xuventude de Soutomaior apra conmemorar o Samaín na noite do día 30 de outubro. Haberá ademais unha casa do terror na que se entrará en grupos de 12 persoas e un concurso de cabazas no que participarán todas aquelas persoas que traian a súa cabaza tallada da  casa. O cine estará presente tamén nesta noite terrorífica coa proxección da película Ouija, unha película non que se poderá ver a partir das 21:00 horas no Multiusos de Arcade.


Un "roteiro do medo" en Nespereira para celebrar o Samaín


A Asociación Cultural celebrará unha Ruta Nocturna de Medo a través da contorna natural da Cultural de Nespereira, dirixida a maiores de 10 anos. Ademais realizaranse xogos e talleres para que os máis pequenos tamén poidan formar parte da festa. O prazo para inscribirse na ruta finaliza o 28 deste mes.


As actividades comezarán a partir das 22:00 horas coa saída dos primeiros grupos, que terán que ser de 10 persoas como máximo. Para todos os que non desexen participar ou non poidan por razóns de idade organizaranse diversas actividades na Casa Cultural, todas elas gratuítas, o único requisito para participar será achegar unha cabaza por grupo.


Os interesados en participar deberán inscribirse na cafetaría da Cultural de Nespereira, a través do correo electrónico a.cultural.nespereira@hotmail.es ou no teléfono 607.853.578, á atención de Verónica.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: