www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

"Zeitgeist Addendum" de Peter Joseph no Multiusos
Cultura • 9/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Cine documental no que se analiza o Sistema de Reserva Federal dos EEUU e a CIA


O multiusos da Xunqueira acolle esta tarde ás 20:30 horas a proxección da película Zeitgeist Addendum, do director Peter Joseph. Neste caso unha crítica ao Sistema de Reserva Federal nos Estados Unidos, como entidade emisora de moeda, e á CIA como axencia de intelixencia ao servizo do goberno.


Unha actividade organizada pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade quen o pasado xoves proxectara a película Sicko do polémico director norteamericano Michael Moore na que se abordaba a situación do sistema sanitario nos EEUU.


Nesta ocasión Peter Joseph intenta localizar a raíz dos motivos da corrupción ofrecéndonos ademais unha solución lonxe da política.


A entrada é de balde.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: