www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

O Choco vence ao Noia en tempo de desconto
Deporte • 26/10/2015
Autor: Ana Prieto

Os de Marcos Montes suman a súa quinta xornada consecutiva sen perder e a cuarta vitoria dun excelente refacho que os deixa segundos na táboa clasificatoria, a un punto do líder. Na Segunda Autonómica empate do Choco B empatou ante do Santa Marina. En canto aos equipos redondeláns da Liga Galega de Fútbol Sala só o Campito conseguiu a vitoria, e é segundo.


Terceira División


Choco 2-1 Noia


O encontro estivo moi disputado tanto é así que o primeiro tanto chegou excedido o minuto quince de xogo obra de Berto a centro de David Suarez pero tan só oito minutos despois chegou o empate a cargo dos de Marcos Montes, nun centro raso de Hugo que consegue rematar Silva. Logo sucedéronse varias ocasións por medio dun e outro equipo aínda que non foron capaces de materializar ningunha das ocasións das que dispuxeron na primeira metade. No segundo tempo seguiu polos mesmos camiños e foi xa no desconto do segundo acto cando Óscar rematou a disparo cruzado, batendo a Toledo e outorgando o tres puntos ao seu equipo. A expulsión de Saúl por dobre amarela a dez minutos para a conclusión presaxiaba un complicado final do encontro para o Choco, que pasou a buscar os balóns longos cara a Óscar como principal argumento ofensivo. E a aposta deu quizais máis froitos do esperado posto que así chegou o gol da vitoria. Foi nun pase perfecto de Comis por encima da defensa que Óscar controlou co peito para lograr o 2-1 cando os pupilos de Marcos Montes xa daban por bo o empate. Porque de aí á conclusión do encontro, a pesar de disputar algúns instantes con nove xogadores, non sufriu.


Choco: Cortegoso, Pelo, Lucas, Carminati,Xosé, Comis, Fernando, Silva, Hugo, Felix. Tamén xogaron: Fernan, Alberto e Oscarin


Noia: Toledo, Saro, Juanjo, Luís, Josiño, Banana, Hugo, Samu, Berto, Vila e Suarez. Tmabien xogaron Canabal e Mario


Goles: 0-1 (Berto minuto 18), 1-1 Silva(Minuto 27), 2-1(Óscar min 91)


Segunda Autonómica



Chapela 1-3 Nieto


Segunda derrota consecutiva do Chapela, que se distancia dos postos de cabeza. Houbo que agardar ata a segunda metade para ver os goles, cun Nieto moito máis enchufado. O Chapela tivo ocasións para empatar, pero finalmente foron os vigueses os que sentenciarían o encontro ao final. O Chapela é agora cuarto, e a próxima xornada vivirá un interesante derbi, xa que xoga no campo do Teis. Os vigueses non están a pasar por un bo momento, situados na metade da táboa.


Santa Marina 0-0 Choco B


O filial do Choco escala unha posición na táboa, ata a quinta praza do grupo, logo do empate sen goles no campo do Santa Marina. O domingo ten unha cita complicada, recibe en Santa Mariña ao San Miguel, terceiro do grupo.


Terceira Autonómica



Beretes Chapela 1-6 Balaídos


O Peña Beretes segue afundido na parte baixa da táboa, logo de encaixar unha avultada derrota do Balaídos. O domingo xogarán no campo do Sol Invictus.


Soutomaior 3-0 Cesantes


O derbi no Graciano Padín non tivo cor. O Cesantes non foi quen de estar á altura dos anfitrións e quedou con nove xogadores na segunda metade. Os redondeláns están na metade da táboa, e a próxima xornada teñen unha complicada visita, reciben ao líder, o Cerponzóns.


At. Vilar 3-0 San Juan de Rubios


O Vilar foi o único equipo local da Terceira Autonómica que conseguiu un resultado positivo, ao gañar ao equipo das Neves cun marcador contundente. Son cuartos, e na próxima xornada visitan o campo do Alerta, situado na metade baixa da táboa.


Futbol Sala Liga Galega Sur



Alonso&Serodio Mos 7-4 Redondela


Os de Jorge Expósito non foron quen de seguir coa remontada de resultados, e perderon ante o Alonso&Serodio Mos nun partido con moitos goles. O sábado recibirán ao Celado, situado tamén na parte baixa da táboa.


Campito 6-4 Celado de Mos


O Campito volve á senda do triunfo, e mantén a segunda praza do grupo logo de gañar ao Celado. E o próximo sábado terá o liderado ao seu alcance, xa que visita a pista do líder, o Cereixa, invicto no que vai de temporada, e a dous puntos dos de Chapela.


Abetos Gondomar 5-4 Arealonga Perry´s


Os de Chapela manteñen a quinta praza, malia a derrota na pista do Abetos Gondomar, nun partido moi disputado e con moitos goles. Na próxima fin de semana recibirán en Chapela ao Mondariz, situado na parte baixa da táboa.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: