www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Setembro de 2018

Bas lamenta que a reunión da Área rematase sen acordos no reparto de poder e no transporte
Política • 23/10/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O peso específico de Vigo no entre supramunicipal e a súa adhesión ao plan de transporte metropolitano, foron os dous puntos que centraron a maior parte da reunión celebrada onte en Vigo e convocada por Abel Caballero. Dous asuntos que se pecharon sen acordos concretos motivo polo que, malia tratarse dunha xuntanza histórica que logrou reunir aos 14 alcaldes implicados na creación da área e a outros cinco interesados en integrarse, o seu futuro segue en punto morto.


A posta en marcha da Área Metropolitana segue sen avances logo da reunión celebrada onte en Vigo convocada por Abel Cabellero e á que asistiron os representantes de todos os concellos implicados, entre eles o de Redondela.  Javier Bas lamenta que a reunión "acabase sen ningún acordo" cuestión da que responsabiliza ao rexedor vigués por non ter dado o seu brazo a torcer en dúas cuestión fundamentais: o plan de transporte e o peso específico de Vigo no goberno metropolitano


Respeto do plan de transporte xa en marcha, asegura Bas que todos os rexedores pediron a Caballero que se sumase "invitación que rexeitou alegando que non dará ningún paso nese sentido  mentres non bote a andar a Área metropolitana".


Falta de acordo tamén no peso específico que Vigo debe ter no ente. Mentres Caballero defende que Vigo teña o 45% do voto na xunta de goberno, outros alcaldes defenden o sistema previsto inicialmente que adxudica un voto a cada rexedor. Javier Bas defende tirar polo camiño do medio "é lóxico que Vigo con 300.000 habitantes teña moito máis peso ca outros municipios pero tampouco sería xustificable que Vigo decidirá por todos os demais". A aposta de Bas pasa por conceder a Vigo algún tipo de dereito a veto.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: