www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Ferido grave un mozo de Redondela logo de rachar o escaparate dun establecemento comercial
Sucesos • 22/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O mozo, de 25 anos de idade, causou danos nun vehículo, nunha máquina expendedora e feriuse de gravidade logo de partir o escaparate do establecemento Muebles Domingúez. Logo de ser detido pola Policía Local o mozo foi trasladado ao Hospital Xeral onde quedou ingresado.


Unha disputa coa súa parella parece que foi o desencadeante dun ataque de agresividade por parte dun mozo de Redondela, Juan C.C. de 25 anos de idade, quen segundo información da Policía Local causou diversos danos na praza de Ribadavia ás sete da  mañá de onte domingo.


O agora detido rompeu o retrovisor dun Suzuki Liana que se atopaba estacionado na zona, estragou unha máquina expendedora da cafetería A Farola e rachou o escaparate do establecemento Muebles Domínguez. Foi  precisamente esta última acción a que peores consecuencias tivo, xa que lle provocou unha grave ferida nun brazo e unha importante hemorraxia, polo que os axentes da policía local, logo de proceder á súa detención, decidiron trasladalo ao Centro de Saúde da vila para que fora atendido destas lesións. Ante a gravidade das mesmas foi remitido ao Hospital Xeral onde quedou ingresado para ser intervido cirúrxicamente.


O mozo pasará a disposición xudicial por un presunto delito de danos.

Comentarios
Fillo da terra
Luns 8 de Marzo de 2010 ás 12:07 horas
Xa o dicía a miña nai: Hay que chamar antes de entrar!
algun
Luns 22 de Febreiro de 2010 ás 12:23 horas
estivolle ben por facer ó mal
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: