www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Reparto fraternal entre Alondras e Choco
Deporte • 19/10/2015
Autor: Ana Prieto

O duelo entre os irmáns Montes saldouse no Morrazo cun empate a un gol, nun partido no que houbo un tempo para cada equipo. Mauro adiantou ao equipo local, e Hugo fixo a igualada para os redondeláns na segunda parte. Na Segunda Autonómica vitoria do Choco B e derrota do Chapela, que perdeu o liderato do grupo.


Terceira División



Alondras 1-1 Choco


Jacobo Montes, técnico do Alondras, e Marcos Montes, do Choco, medíronse onte por primeira vez en Terceira División e o enfrontamento terminou en táboas tras un fermoso partido con alternancia do dominio no campo do Morrazo. O conxunto cangués realizou unha gran primeira metade e adiantouse con gol de Mauro. Os anfitrións mesmo tiveron ocasións para ampliar a súa renda, pero faltoulle acerto. E despois do descanso, o que dominou foi o Choco. Sucedéronse as ocasións dos redondeláns ata que chegou o empate. Centro de Yago, que caía nas botas de Hugo, para bater a Lorenzo. A igualada, xunto á expulsión de Álex Gómez, do Alondras, fixo que os locais sufriran no tramo final do partido. Tras este resultado, o Alondras mantense na sétima posición, pero a tan só dous puntos dos postos que clasifican para disputar a fase de ascenso a Segunda División B. Pola súa banda, o Choco é terceiro, nesas posicións de privilexio con dezaseis puntos, a tan só un dos dous primeiros clasificados, o Cerceda e o Rápido de Bouzas. Na próxima xornada o Choco recibe ao Noia, afundido na metade baixa da táboa.


Alondras: Lorenzo, Rubén Comesaña, Rafita, Fiuza, Agujetas, Álex Gómez, Joni, Leiro, Andrés, Diz (Champi, min. 66) e Mauro (Abel, min. 76).


Choco: Cortegoso, Yago, Saúl, Lucas, Carminati, Xose (Alberto, min 58), Comis, Fernando (Muíños, min 86), Óscar (Fernán Ferreiroa, min 65), Hugo e Félix.


Goles: 1-0, min. 5: Mauro; 1-1, min. 55: Hugo.


Árbitro: Ventoso Noal, auxiliado por Botana Rei e Hernández Giadans. Expulsou ao futbolista local Álex Gómez por dobre amoestación (min. 75). Mostrou cartolina amarela a Rafita, Agujetas e Leiro polo Alondras e a Óscar, Félix e Muíños por parte do Choco.


Segunda Autonómica



Chaín 2-0 Chapela


O Chapela perde o liderado que agora ostenta o Chaín. Os redondeláns son agora cuartos, a un punto do líder. Na próxima xornada reciben ao Nieto, afundido na parte baixa da táboa.


Choco B 4-1 Vincios


O filial do Choco mantén a sexta praza do grupo logo de golear ao Vincios, afundido na parte baixa da táboa. Próxima xornada Santa Mariña - Choco B


Terceira Autonómica



Sampaio 6-0 Beretes Chapela


O Peña Beretes segue na parte baixa da táboa logo de caer goleado no campo do Sampaio. Próxima xornada Peña Beretes- Balaídos


Cesantes 3-1 Santomé


O Cesantes foi superior a un Santomé que, malia que dispuxo de ocasións, foi menos efectivo que os redondeláns. Na próxima xornada ós afeccionados vivirán un interesante derbi no Graciano Padín co encontro Soutomaior-Cesantes, cos redondeláns na metade da táboa e os anfitrións na parte alta da clasificación.


At. Vilar descansa


Próxima xornada o At. Vilar recibe ao San Juan de Rubios, das Neves.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: