Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Reparto de puntos entre o Redondela FS e o Campito FS nun partido dos que fan afección
Deporte • 19/10/2015
Autor: Ana Prieto

O encontro prometía fútbol sala de alto nivel, e non defraudou. Tanto do equipo de Jorge Expósito como o de Fran Amoedo estiveron a un alto nivel, e remataron en táboas, a catro goles. Boa mostra do doce momento que vive este deporte no municipio, ao que se suma a vitoria do Arealonga.

 


Liga Galega Sur


Redondela 4-4 Campito


Era o segundo derbi local para o Redondela, que na pasada xornada se impuxera en Chapela ao Arealonga. Nesta ocasión, na bomboneira de Redondela, medíase ao líder. E malia que o Redondela F.S. non comezou a liga con bo pé, os de Jorge Expósito demostraron a súa calidade nun partido dos que fan afección ante un pavillón repleto de público. O empate do marcador reflicte a calidade de ambas escuadras, e deixa ao Campito na segunda praza, mentres o Redondela escapa dos postos baixos da táboa. Na próxima xornada o Redondela visita a pista do Alonso&Serodio Mos, e o Campito recibe ao Celado de Mos.


Arealonga Perry´s 4-1 Alonso&Serodio Mos


Malia o tropezo ante o Redondela da pasada xornada, o Arealonga volveu demostrar que é un dos equipos máis completos da categoría, e fíxoo cunha goleada sobre o Alonso&Serodio. Os de Chapela son agora quintos, empatados a puntos co terceiro e cuarto clasificado. O sábado xogarán na pista do Abetos Gondomar.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: