www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

"Meu ben" de Eme2 chega ao Multiusos
Cultura • 16/10/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A nova produción de Eme2 chega a Redondela dentro da programación do Outonoteatro que organiza a Concellería de Cultura. Tres actrices no escenario dan vida a un texto da dramaturga irlandesa Elaine Murphy.  Un espectáculo que iniciou a súa andaina no 2014 e que retrata a vida de tres mulleres dunha mesma familia, tres mulleres de clase media que viven un ano completamente extaordinario impregnado de amor, sexo, vida, morte e clases de salsa. Unha actuación que terá lugar o sábado ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira.


Amber vive sen preocupacións, acabada de saír do instituto, está no mellor da vida, mocea cun tal Paul e anda de festa rachada.... ata que sofre unha molesta "indixestión". A súa nai Lorraine ataca un cliente no traballo polo que ten que visitar un "médico da cabeza"que lle receita facer algo bo para ela mesma unha vez por semana: é hora de se apuntar a clases de salsa! A avoa Kay, pola súa banda, tenta sentirse viva nos frustrantes sesenta mentres coida do seu marido enfermo. Tres xeracións de mulleres de clase media contan a historia dun ano extraordinario. Sobre o escenario actrices Elina Luaces, Mercedes Castro y Rocío González.


A obra é unha adaptación dun texto creado pola dramaturga Elaine Murphy e representado pro vez primeira en 2008. Temas contemporáneos moi próximos ao espectador.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: