www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Afectados pola ampliación da AP-9 volven parar as obras ante a falta de resposta ás súas demandas
Política • 16/10/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os veciños bloquearon onte a entrada de camións á zona de traballo no lugar da Fonte da Fraga para esixir que o Ministerio de Fomento e Audasa cuantifiquen as expropiacións e trasladen a documentación á Asociación de Afectados, tal e como así se comprometeran na reunión da Comisión de seguimento celebrada a mediados do mes de setembro.


O vindeiro 3 de novembro reunirase por segunda vez a comisión de seguimento das obras da AP-9 e todo a punta a que os ánimos volverán chegar caldeados a esa xuntanza.


Na primeira das reunións os representantes de Fomento e Audasa comprometéronse a trasladar ao avogado da Asociación de afectados toda a documentación referente ás indemnizacións que os propietarios de vivendas e propiedades expropiadas deberían recibir. Con todo, o pasado mércores os avogados de veciños e Audasa reuníronse sen que a empresa achegase a documentación acordada. Os veciños, fartos xa de tantas demoras, retomaron as protestas con maior contundencia impedindo durante preto de dúas horas que os camións accedesen ao lugar da Fonte da Fraga na Avenida de Redondela, paralizando así os traballos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: