www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

A piscina municipal reabre as súas portas logo de 18 día de folga
Sociedade • 19/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

As instalacións da piscina volvían na mañá de hoxe a funcionar con normalidade logo de que os operarios que levaban dende o día 1 en folga indefinida acordasen volver ao traballo. Os usuarios suspenderon a cacerolada prevista para esta tarde diante do Concello

 


Patronal e sindicatos non acadaron aínda un acordo a nivel nacional que poña fin ao conflito que dende o pasado 1 de febreiro mantén pechadas as portas de un elevado número da instalacións deportivas de toda Galicia. Pese a non terse producido tal acordo, en Redondela os traballadores decidiron logo de varias reunións celebradas nas xornada de onte e antonte cos responsables da empresa concesionaria do servizo, Serviocio, volver ao traballo.


Non transcenderon os posibles puntos de encontro entre empresa e traballadores que facilitou a resolución deste conflito no noso concello, aínda que o representante da CIG, Pablo Muíños adiantou que a maior parte dos operarios aceptaron o preacordo que no seu día fora rexeitado en Asemblea.  


Pola súa banda, o responsable da piscina en Redondela, José Bamio preferiu non facer declaracións ao respecto á espera de que se produza un acordo pro escrito entre patronal e traballadores.


Confirmou eso si que dende primeiras horas da mañá os usuarios da piscina municipal poden acudir con total normalidade a esta instalacións deportiva. Lembrou tamén que os abonados poden presentar as reclamacións oportunas para que se lles reembolse a cantidade económica proporcional ao servizo que deixaron de recibir por mor do paso.


Os usuarios que tiñan convocada unha protesta-cacerolada para esta tarde diante do concello acordaron suspender a convocatoria ante a reapertura da piscina

Comentarios
Servizos Públicos Privatizados Nunca Máis!
Sábado 20 de Febreiro de 2010 ás 15:17 horas
Na mimña opinión, @s traballador@s cometeron un gran erro, aceptando por fin a medidad e presión que levaron acabo co obxetivo de que a empresa se senetara a negociar un convenio digno. Influiu moito a flata de conciencia de clase, e exacasa independencia e formación sindical. Os sindicatos ou organizacións sindicais, tiveron a o meu entender, unha excasa actividade no nosos concello deixando aos traballadores desorganizados e descomunicados.

Pareceme especilemente perigoso o director das instalacións, Pérez Bamio, que hoxe sae no Faro de Vigo facendo de portavoz do colectivo e autoproclamandose ser un traballador máis, (grave erro dos trabalaldores se se creen esta mensaxe), decindo que "da folga todos saimos perxudicados: la empresa, los usuarios e nos". Este SR. Non é ninguén para falar polos traballadores, senón os seus lexítomos representantes. Sería un erro como traballador e usuario creerse estas declaracións. O tal sr. Pérez Bamio debera recoñecer, que a folga non senón a sin razón de negarse a sentar a negociar, e abrir un conflicto cos seus explotados traballadores, perxudica a empresa, aos usuarios e aos traballadores, aos que de non reconducirse a actitude empresarial, só lles queda tomar medidas de presión contundentes.

Nunca serei usuario dun servizo público privatizado. Xa me chega con ser contribuinte forzoso, das estafas dos servizos municipais privatizados do Lixo, saneamento, auga, etc.

Serviocio, Urbaser, Aqualia, Tribugest, etc. fora de Redondela, XA!
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: