www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

Obradoiros para pais e nais
Cultura • 14/10/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación convoca novas actividades para este trimestre de outubro a decembro con tres obradoiros para nais e pais nas que se abordarán cuestións prácticas de cómo delegar na familias, como manexar o estrés e por último un obradoiro de risoterapia familiar. As persoas interesadas pódense inscribir na OMIX no centro Multiusos de Arcade.


Comeza a nova temporada da Escola de Pais e Nais que nesta ocasión ofrece tres obradoiros para pais e nais moi prácticos: o primeiro será este venres 16 de outubro sobre como delegar na familia e ensinar aos rapaces a ser responsables. Traballarase cos pais a necesidade de aprender a escoitar aos fillos para saber negociar con eles. Unha actividade de dúas horas de duración que se desenvolverá en horario de 18:00 a 20:00 horas.


O segundo dos obradoiros será o 20 de novembro e abordaranse diferentes técnicas de relaxación para manexar o estrés na familia. Pechará o ciclo un taller de risoterapia familiar o 11 de decembro. As familias poden acudir cos fillos porque para eles tamén haberá obradoiros.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: