www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 18 de Novembro de 2018

AER solicitará a Cultura que unha porcentaxe das contratacións sexa de artistas locais
Política • 13/10/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Agrupación de Electores entende prioritario que a programación cultural que se organiza dende o Concello dea cabida aos grupos que funcionan en Redondela nas súas diferentes vertentes: música, teatro, danza... Así llelo fixeron saber os representantes das formacións vencelladas ao mundo da arte que participaron nunha reunión convocada por AER e na que se abordaron diferentes cuestións relacionadas con este sector e que ao entender dos seu protagonistas deberían ser corrixidas de cara a promover as iniciativas culturais locais.


Entre as máis demandadas atópase a necesidade de crear un censo dos artistas existentes no municipio para a súa posterior difusión e promoción entre os organizadores de eventos "facilitando así que o patrimonio cultural local que representan estas agrupacións teña proxección fóra do concello".


Outra das demandas máis urxentes pasa por poñer en marcha "un escaparate permanente para os grupos locais máis alá dos convenios interparroquiais que serva para dar a coñecer as iniciativas de artistas que polas súas características non entran a formar parte de ditos convenios".


Estudouse tamén a posibilidade de poñer en marcha outras iniciativas como a programación permanente de actividades en locais de hostalaría ou a creación dun programa de "músicas minúsculas". Con todo, un dos representantes de AER nesa reunión, Xosé Covelo recoñece que moitas das ideas que se puxeron sobre a mesa aínda hai que concretalas en xuntanzas posteriores.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: