Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Soutomaior oferta dous novos cursos de formación
Sociedade • 7/10/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O concello de Soutomaior, a través do seu departamento de Xuventude convoca de cara aos vindeiros meses dúas novas actividades formativas nas que é preciso inscribirse nos próximos días. Un curso de acompañante de comedor escolar e outro de operador de ponte grúa completan esta oferta orientada a maiores de 16 anos. As inscricións deben realizarse na oficina da OMIX no Multiusos de Arcade.


As persoas interesadas en contar coa titulación necesaria para exercer de acompañante de comedor escolar poden inscribirse neste curso do programa Activate da Deputación de Pontevedra que vai arrancar a mediados de mes. En total 25 prazas para un curso de 40 horas de duración que se vai desenvolver no Multiusos de Arcade e para o cal é preciso inscribirse como data límite o xoves 8 de outubro.


Algo máis de prazo teñen os interesados en formarse como operadores de ponte grúa. Os participantes aprenderán o manexo desta ferramenta de traballo nun curso que se desenvolverá os sábados no obradoiro de Alxán en Soutomaior e que ten un custe de 30 euros para os empadroados en Soutomaior e 60 euros para os que non o estean. O prazo de inscrición remata o vindeiro 14 de outubro e a actividades desenvolverase o sábado 17 de 10 a 13:00 horas na súa parte teórica e o sábado 24 entre as 9:00 e as 14:00 horas, cunha parte práctica que terá lugar en Barro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: