www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 7 de Decembro de 2019

A ludoteca itinerante regresa en marzo a doce parroquias de Redondela.
Institucional • 18/02/2010
Autor: Lorena Otero

Dende o vindeiro mes e ata xuño o concello ofrece un día a semana de servizo de ludoteca para nenos entre catro e doce anos en doce parroquias redondeláns. Para inscribirse tan só hai que anotarse previamente no centro cultural ou asociación da parroquia.


Cesantes, O Viso, Chapela, Saxamonde, son algunhas das doce parroquias que disporán de servizo de ludoteca un día a semana durante os próximos catro meses. Un proxecto que a Concellería de Servizos Socias retoma, un ano máis, co obxectivo de dotar a estas parroquias dun espazo lúdico alternativo para os máis cativos ademais de fomentar a colaboración a nivel comunitario entre asociacións de veciños, asociacións culturais e os colexios, por ser estes os axentes que teñen un maior coñecemento sobre as necesidades dos veciños.


Unha actividade que vai destinada a nenos de entre catro e doce anos e que pretende favorecer a conciliación da vida laboral coa familiar. A ludoteca itinerante tamén pasará pola parroquia de Cabeiro, Cedeira , Quintela, Reboreda, así como en Trasmañó, Ventosela, Santo Estevo de Negros e polo Centro Cultural de Vilar de Infesta.


Os nenos que desexen participar deben inscribirse previamente na propia sede da Asociación ou Centro Cultural no que se desenvolva esta actividade. Para  máis información, poden dirixirse á Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade no teléfono 986 408043.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: