Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

María Ríos: "A participación permitirá facer un Plan máis axustado ás necesidades de Redondela"
Sociedade • 6/10/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Elaborar un Plan Xeral de Ordenación Municipal é sempre unha labor complexa e máis aínda nun concello como o noso "por tratarse dun municipio que está a regularse cun planeamento xa moi antigo e onde houbo varios intentos por sacar adiante un PXOM que acabaron fracasando".  Así o recoñecen dende o estudo de arquitectos Jornet Llop Pastor, empresa encargada da redacción do novo Plan Xeral. Entenden que para non repetir erros pasados é imprescindible contar coa participación veciñal. Hoxe martes convocan un novo obradoiro didáctico aberto á cidadanía a partir das 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira.


Nestas reunións preséntase aos asistentes o Documento Inicial Estratéxico, un documento xa realizado no que se recollen entre outras cuestións información ambiental e urbanística de Redondela "é un bosquexo inicial sobre o que traballar e en base ao cal a cidadanía pode achegar as súas propostas".


María Ríos, membro do equipo redactor insiste en que "é imprescindible a participación dende esta fase inicial". Lembra que nestes obradoiros "non se tratan intereses concretos, abórdanse necesidades xerais a nivel equipamentos, zonas verdes, vías de comunicación...".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: