www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

O Choco mostra o seu podería na Lomba
Deporte • 5/10/2015
Autor: Ana Prieto

O triunfo por 1-3 ante o Arousa deixa aos de Marcos Montes na cuarta praza do grupo, a tan só dous puntos do líder, o Barbadás. Pola súa banda o Chapela fíxose coa vitoria no derbi local ante o Choco B, e xa lidera a clasificación.


Terceira División


Arousa 1-3


O partido comezou igualado nos primeiros minutos pero pronto o Choco faríase co control, aínda máis despois do gol de Hugo Sanmartin tras un centro de Yago. Os de Marcos Montes empezaron a dominar a un Arousa que non se atopaba no campo. Nunha perda de balón de Camiño no medio do campo chegaba o segundo dos visitantes. Diego Silva, cun disparo desde 40 metros, logra o segundo gol ao ver a Lucas adiantado. O Arousa non se veu abaixo e Hugo Soto tentábao cun remate alto. No tramo final do primeiro tempo, os locais terían unha gran oportunidade de irse ao descanso cun mellor resultado. Adrián Camiño inventouse un bo pase para Dani Bea que non logra definir ben ante Cortegoso. No segundo tempo o Arousa fixo cambios, entrou a Grego por Cardeñosa. O canteirán revolucionou o partido, primeiro cun remate que se foi moi preto do pau, e logo con outro remate, que rexeitou Cortegoso. O balón caeu a Dani Bea e antes de rematar a porta baleira, o meta redondelán logrou detelo. O Arousa foise diluíndo e o Choco volveu dominar o encontro. Dani Bea deixou o seu sitio a Óscar, e Camiño a Vixo. Os de Marcos Montes sentenciarían o partido cun gol de Fernando no minuto 79, e logo o Arousa maquillou o resultado a falta de seis minutos desde o once metros.


Segunda Autonómica



Choco B 0-2 Chapela


O Chapela fíxose co derbi local, e xa é líder do grupo, empatado a puntos co Racing de Castrelos. Na próxima xornada recibirán ao Gondomar, situado na metade da táboa. O Choco B, que agora é 5º, visitará o Monte da Mina, campo do colíder.


Terceira Autonómica



Fortuna - Beretes Chapela: aprazado


Na próxima xornada recibe ao Mosende.


At. Vilar 4-0 Caselas


Goleada do Vilar que o empoleira á terceira praza do grupo, empatado a puntos co segundo clasificado, o Tomiño, que será precisamente o seu próximo rival.


Cesantes 1-1 Caroi


Reparto de puntos no partido do Cesantes, resultado que deixa ao equipo redondelán na metade da táboa. O domingo xogará no campo do At. Estación, equipo co que está empatado a puntos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: